VERTEDOIRO DE AMEIXENDA (AMES)

Na Axenda 21 Local un dos aspectos máis atendidos, entre outros, debe ser o Medio Ambiente. No entanto, en Ames hai circunstancias que reflicten un abandono da mesma. Hai imaxes que quedan na retina, impregnándoa de restos de animais recentes, de todo tipo de residuos orgánicos, de pilas, coa súa correspondente toxicidade, e de restos voluminosos, e tamén, feito habitual na nosa paisaxe, por desgraza, de restos de construción e demolición. Todo isto é o que se poden atopar as persoas de Ames no descontrol que rexe no vertedoiro de Tapia.

Se se abandoan animais mortos ou restos dos mesmos, sen ningún tipo de control veterinario, ante a posibilidade de que puidesen transmitir algún tipo de enfermidade, estáse cometendo un verdadeiro atropelo medioambiental xa que se verán afectadas outras criaturas de cadea trópica que se alimenten deses restos. E se as circunstancias fosen favorecedoras, no seu eido negativo, mesmo chegarían a afectar os núcleos urbáns, deixando os límites “salvaxes” do contorno. En efecto, ratas, insectos, emisión de gases á atmósfera pola putrefacción do lixo poden, coa choiva, crear lixivados que chegan ao nivel freático e mesmo á rede hidraúlica co conseguinte perigo de contaminación.

Todo isto acontece porque desde o Concello de Ames, desde hai tres anos, o equipo de goberno se apoia na “herdanza” do Partido Popular e permanece á espera de non se sabe moi ben que sortilexio para rematar coa degradación medioambiental.

Selar o vertedoiro, desratizalo, achegar un lugar alternativo para a eliminación de resíduos, propoñer un uso posterior alternativo e sometelo aos controis medioambientais pertinentes que comproben a calidade do selado, illamento e vixiar –e sancionar- aos que volvan a botar lixo nel, son todas e cada unha accións posibles e necesarias que o Concello de Ames debería ter feito xa.

Non existe incompatibilidade entre unha primeira e urxente fase de selado e unha posterior de reforestación. Os técnicos medioambientais consultados por Esquerda Unida-IU sinalan que, se o selado se acompaña de terra vexetal e gravas non compactadas, se pode repoboar por riba. Noutros Concellos non moi distantes xa se procedeu deste xeito, por exemplo no Concello de Pontecesures reforestouse o antigo vertedoiro, unha vez selado, con representantes do bosque termocolino, neste caso, con sobreiras. Trátase só de ter vontade política, e non escudarse nunha “herdanza”, como se esta fose imposible de ser modificada.

Desde Esquerda Unida-IU de Ames facemos un urxente chamamento para que isto cese xa. A reportaxe fotográfica que acompaña a estas liñas ilustra claramente que certificamos a denuncia e demostran que tanto algunhas persoas totalmente inconscientes e despreocupadas coma o propio Concello fan uso de forma impropia do vertedoiro (a deixación das suas competencias supón unha desas formas) e que a situación é vergoñante para un goberno que pretende ou afirma respectar o Medio Ambiente, coa agravante que para a saúde pública supón ter un vertedoiro non controlado destas características.

~ por mandamandati o 12 Mar 2007.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: